PONLAS
Volvemos a ser
ponlas do mesmo bosque
de aciñeiras e carballos.
Non
abrochan
flores novas.
A
hedra
silenciosa apaga todo rumor
de pasos.
Penetra
a penas
o sol.
Tes moito frío
no inverno e xa non sabes botalo de ti.
As follas confúndensenos
espesamente.
Agardamos
o machado
do leñador, sen aflición.
(versió de Luciano Rodríguez)